Saturday 27 de April de 2024

O Nadal chega ao CAD


O Papá Noel achegouse xa no 16 de decembro ao teatro cine Elma para visita-las preto de cen persoas usuarias do CAD, tanto do centro ocupacional coma do Servizo de Atención Temperá, co gallo destas datas tan sinaladas.

Puidéronlle trasladar así os seus desexos e aqueles agasallos que quedaron pendentes de escribir nas cartas. Tamén recibiron agasallos de diversa índole doados por GADISA, ademais de cadansúa bolsa de larpeiradas.

A maiores, o CAD loce decoración típica desta época do ano como bonecos de neve, a árbore do Nadal, un reno ou unha caixa do correo para deposita-las cartas, entre outros elementos. A colocación de ornamentación festiva trátase dunha acción que se desenvolve noutras celebracións segundo apunta a concelleira dos Servizos Sociais da Pobra do Caramiñal, Amparo Cerecedo (BNG).